EconomíaEconomíaÚltima hora

Humor, música e viño nesta Semana Santa no Ruxe Ruxe de Quiroga

O cómico Enrique El Grande actuará este sábado 24 de marzo a partires das 23:45h.
O humorista Enrique El Grande.

A cervexería Ruxe Ruxe de Quiroga propón unha mistura de humor, música e viño para desfrutar da Semana Santa.

O humor virá da man do cómico Enrique El Grande, cunha actuación prevista para este sábado 24 de marzo a partires das 23:45h. O espectáculo consta de dúas partes. A primeira é un monólogo puro e duro no que conta anécdotas da súa vida e saca punta a temas recurrentes da vida. Con sona de ser un dos mellores improvisadores da actualidade a nivel nacional na segunda parte, Enrique improvisa con temas que propón o público.

O apartado musical da programación correrá por conta do dj Michel que pinchará na terraza do Ruxe Ruxe o sábado 31 de marzo.

 

Cartel da programación de Semana Santa no Ruxe Ruxe.

Artigos relacionados

Back to top button