OurenseÚltima hora

Humor, teatro e cinema esta fin de semana en Ourense

Manquiña, Rober Bodegas e Luis Zahera protagonizan o espectáculo cómico do 16 de xaneiro no Auditorio
Luis Zahera e Manquiña protagonizan "Noites de retranca" xunto a Rober Bodegas.
Luis Zahera e Manquiña protagonizan “Noites de retranca” xunto a Rober Bodegas.

Con xaneiro, arranca a programación cultural do 2015 organizada dende o Concello de Ourense, con grandes doses de humor.

Así, o venres 16 de xanero, o Auditorio acollerá ás 20:30h. o espectáculo “Noites de Retranca” cun elenco formado por Maquiña, Rober Bodegas e Luis Zahera e conducido por Mofa e Befa onde o protagonista será o humor negro e retranqueiro galego. Ese mesmo día ás 20h. a Banda Municipal dará un concerto no Liceo.

O día seguinte, sábado 17 ás 20:30h. será o turno do teatro da man de “Vagos y Maleantes”, da compañía Sudhum Teatro. A obra conta a historia da evolución da lei do Código Penal español do 4 de agosto de 1.933, referente ao tratamento de vagabundos, errantes, proxenetas e calquera outro elemento considerado antisocial.

A programación infantil chegará o domingo día 18 ás 12h. con “Donde viven los monstruos, adaptación do libro “Where the wild things are” de Maurice Sendak. A obra narra cas peripecias de Max, un neno que pasa o día facendo trasnadas, a súa nai, cansa coa situación castígao. Enfadado, decide viaxar a un mundo marabilloso onde viven os monstros, un lugar diferente. Max vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei, unha tarefa máis difícil do que el pensa. Ese mesmo día pola tarde, a partires das 18h. terá lugar unha nova proxección da película A Esmorga, que regresa ao Auditorio tras varios pases cun grande éxito de acollida.

Artigos relacionados

Back to top button