DeportesÚltima hora

I Andaina Solidaria entre Sabuguido e Edrada

Será promovida polo Concello de Vilariño de Conso e comezará ás once da mañá do vindeiro 23 de agosto
Cartaz desta andaina solidaria de Vilariño de Conso.
Cartaz desta andaina solidaria de Vilariño de Conso.

A partires das once da mañá do vindeiro 23 de agosto partirá dende Sabuguido a I Andaina Solidaria de Vilariño de Conso. Discurrirá entre esta localidade e a de Edrada, onde ao termo do percorrido se ofrecerán uns pinchos aos participantes. A iniciativa será “a favor da Fundación Andrea. Trátase dunha fundación que axuda aos nenos con cancro e largas enfermidades, por desgracia no Concello temos a Diego, un neno con este tipo de enfermidade a o cal levan axudado moito así como aos seus pais”, tal e como se indica dende o Concello de Vilariño de Conso, organizador da andaina.

Ademais esta actividade contará co apadriñamento do actor Rubén Riós. As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo chamando ao teléfono do Concello de Vilariño de Conso: 988 34 03 02.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close