DeportesÚltima hora

I Andaina Solidaria Móvete polas Enfermidades Raras, o 15 de marzo no Barco

Ademais o 12 de marzo ás 20h. terá lugar unha charla divulgativa na biblioteca da vila

 

Achegar o coñecemento das enfermidades raras e xerar conciencia sobre elas é o obxectivo dunha campaña que está a desenvolver a nivel nacional Anasbabi (Asociación Nacional Sindrome de Bardet-Bield) e Ciclopatías. Tras un primeiro evento deportivo e benéfico na Rúa o 1 de marzo, esta entidade promove agora unha nova Andaina Móvete polas Enfermidades Raras o 15 de marzo ás 11h. no Barco.

A presentación desta proba solidaria non competitiva tiña lugar na mañá do 6 de marzo no Concello do Barco e nela contábase coa presenza do concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade, Orlando Saavedra; do presidente de Anasbabi, José Carlos Pumar, así como de dous membros da directiva do Club Peña Trevinca Barco, o seu presidente, José Miguel de la Cal, e seu vogal de montaña José López. Esta entidade colabora na organización da proba que terá dous traxectos: un de 5 km e outro de 10 km (con saída e meta do Malecón). O custe das inscricións será de 7 euros.

 

 

Por outra banda, Anasbabi impartirá charlas divulgativas sobre as enfermidades raras nos institutos e o 12 de marzo está prevista unha charla coloquio na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco ás 20h. co título “Que sabemos das enfermidades raras?”. Nela intervirán José Carlos Pumar, presidente de Anasbabi; Alba María García, investigadora biomédica, e Luis Ocampo, pediatra do hospital barquense.

Fotos: A.R.

Máis información e inscricións:
https://clubtrevincabarco.org/club/movete2020/

Artigos relacionados

Back to top button