DeportesÚltima hora

I carreira e andaina popular Concello da Veiga

A proba atlética celebrarase o 16 de agosto, con saída e meta na praza do Concello
Cartaz da carreira e andaina popular da Veiga.
Cartaz da carreira e andaina popular da Veiga.

O vindeiro domingo 16 de agosto celebrarase a I carreira e andaina popular Concello da Veiga, organizada polo ente local e a Deputación de Ourense, coa colaboración da Delegación da F.G.A en Valdeorras, e o Club ADAS-Proinor.

A saída terá lugar ás 11h. dende a praza do Concello, o mesmo punto da meta, e as inscricións para a carreira deberán realizarse ata o 13 de agosto a través dun formulario de inscrición na páxina web (http://www.carreirasgalegas.com/). Tamén se poderán inscribir para a carreira e a andaina nas tendas de deportes de Tri-sport no Barco, A Rúa e Monforte ou na Oficina de Turismo da Veiga (988 35 01 30).

Ás 11h. comezará a andaina popular (8.000 metros) e ás 12h. arrancará a carreira (8.000 metros) para as categorías superiores, dende xuvenil ata veterano. E xa a partires das 13h. saírán os participantes nas categorías inferiores, dende benxamín ata cadete. Os últimos serán os prebenxamíns.

Con respecto aos premios, haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados da carreira popular masculina e feminina; para as categorías xuvenil/ júnior, masculino e feminino, veterano A-B-C-D e veterana A-B-C-D; e para o primeiro atleta local masculino e feminino. Nas carreiras de cadete, infantil, alevín, bBenxamín e pPrebenxamín entregaranse medallas para tódolos participantes ata chegar os 20 primeiros de cada categoría.

Artigos relacionados

Back to top button