Trives acollerá o 22 de agosto a primeira edición da “Carreira San Bartolo”, unha proba popular cuxa saída está programada para as sete da tarde na praza de Abastos (rúa San Martín), onde estará tamén situada a liña de meta.
Será organizada dende a Concellería de Deportes trivesa e está aberta á participación de atletas maiores de 16 anos (estes incluídos), tanto en categoría masculina como feminina. O circuíto que deberán completar os corredores será duns 10 km aproximadamente.
Unha vez finalizada a proba, entregaranse premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría. Ademais habilitarase un espazo de duchas para todos os participantes que o necesiten. As persoas interesadas en tomar a saída na primeira edición desta carreira poderán inscribirse na Oficina de Turismo de Trives (988 33 09 67).
Ademais ese mesmo día os atletas máis xoves terán a oportunidade de participar noutra cita: o San Bartoliño. Será a partires da catro da tarde con saídas dende a praza de Abastos. A distancia a percorrer establecerase en función da idade dos nenos. Poderán participar cativos entre 2 e 15 anos e para todos haberá medallas.