CulturaCulturaÚltima hora

I Ciclo de memoria, historia e cultura popular, en Vilamartín

Comezará o 7 de marzo ás oito da tarde coa proxección de “Guerrillero contra Franco”
Detalle do cartaz do documental "Guerrillero contra Franco", que se proxectará en Vilamartín. A imaxe procede do arquivo de Antón Grande.
Detalle do cartaz do documental “Guerrillero contra Franco”, que se proxectará en Vilamartín. A imaxe procede do arquivo de Antón Grande.

Achegar a cultura tradicional, poñer en valor o patrimonio local, a historia de Valdeorras e recuperar a memoria histórica, “como un elemento fundamental para o desenvolvemento de unha sociedade democrática e baseada en valores de xustiza e igualdade”. Con estes obxectivos traballa o “Colectivo, 144 irmáns” en Vilamartín.

A súa primeira acción, hai uns meses, fora unha charla informativa para os emigrantes retornados coa presenza da parlamentaria Tareixa Paz. Agora, dá un paso máis e organizará unha actividade enfocada cara á memoria histórica. Trátase da proxección do video “Guerrillero contra Franco”, protagonizado por Quico, un coñecido guerrilleiro do maqui e da partida de Girón. Será no centro Vía Nova ás 20h do sábado 7 de marzo.

Esta proxección enceta asemade o I Ciclo de memoria, historia e cultura popular. Nesta mesma liña, adiantan, “proximamente, sairá á luz un calendario de actividades que están por pechar que irán dende a presentación de libros, concertos, charlas e outra serie de actividades coas que se pretende ser unha faísca da cultura e da vida de Vilamartín”.

A proxección do vindeiro día 7 será organizada por Colectivo 144 irmáns e Memoria Cautiva en colaboración co Concello de Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button