DeportesÚltima hora

I concentración mototurística de Quiroga

A asociación cultural moto-clube A Curuxa organiza a xuntanda do 29 ao 31 de agosto

concentración quiroga

Co fin de unir cultura, turismo e motos na comarca formada polos Concellos de Ribas do Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, nacía a asociación cultural moto-clube A Curuxa que organiza a I concentración para a vindeira fin de semana, do 29 ao 31 de agosto co obxectivo de “fomentar o turismo na zona, que ten moitas posibilidades aínda por explotar” explican dende a organización. Por iso cada inscrito, á parte doutros agasallos terá unha “folla de rutas” na que se recollen algúns percorridos interesantes da zona para disfrutar da moto e da paisaxe.

O programa comezará o venres 29 de agosto coa apertura de inscricións ás 19h. no recinto situado na explanada do Albergue de Quiroga. Á noitiña, os primeiros participantes percorrerán a rúa principal de Quiroga ata Ribas do Sil na “Ruta das Antorchas” en homenaxe aos compañeros moteiros caídos. En Ribas do Sil serán recibidos con pinchos, regresando en torno ás 00:30h. á zona de festa con DJ, bar, pancetaza e queimada.

O sábado os participantes poderán almorzar no Albergue a partires das 10h.e ás 11 volverán montar as súas motos para disfrutar das paisaxes do Courel durante unha ruta con tres paradas para descansar e pinchar algo que rematará na praia fluvial de Ribas do Sil, con paella para xantar. No mesmo entorno habilitarase un recinto que acollerá unha mostra de motos clásicas de xente da zona. E xa ás 18:30h. na rúa Real de Quiroga realizarase unha exhibición acrobática sobre motos e quad a cargo do grupo portugués Arrepiado Team, con sorteo dunha minimoto. Esa tarde os inscritos terán una ruta de pinchos polos bares de Quiroga ata a hora da cea no Albergue. A partires das 00h. será hora de dar paso ao espectáculo e á festa. A noite comezará no recinto co pregón de Sonia Noguerol, camioneira e presentadora de “Sobre Rodas” en V Televisión. Media hora despois comezará o concerto do grupo BeRock liderado por Guss Martín e a actriz Beatriz Rico que fará un repaso dos mellores temas dos 80 e 90.

Así chegarase ao domingo, derradeiro día da concentración con almorzo no Albergue, e a partires das 11h. alborada moteira dende o Concello con desfile encabezado polos músicos do grupo “O Recanto” ata o recinto onde seguirá a festa con música tradicional. Ás 15h. será a despedida e como fin de festa haberá sorteos de prendas moteiras, kits para a moto e tamén produtos típicos da zona.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button