En portadaÚltima hora

I Concerto de Música Sacra Vila de Trives, o 24 de marzo na igrexa

Organizado polo Orfeón Trivés, o festival contará asemade coa actuación da Coral Polifónica de Monforte de Lemos
O Orfeón Trivés nun concerto na Casa da Cultura de Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Orfeón Trivés e a Coral Polifónica de Monforte de Lemos. Son os coros que protagonizarán o I Concerto de Música Sacra Vila de Trives previsto para o 24 de marzo, ás portas da Semana Santa, na igrexa parroquial do Sto. Cristo da Misericordia, na Pobra de Trives.

A actuación comezará ás 20h. e as corais interpretarán varios temas. O Orfeón Trivés dirixido por Sandra González cantará: O Sacrum Convivium, Tres Motetes, Regina Caeli e Three Contemporary Latin Settings de Jerry Estes. A Coral de Monforte pola súa banda, interpretarán entre outros, o Ave María de Caccini, o Gloria de Vivaldi ou a Cantata 147 de Juan Sebastián Bach. Para poñer o broche á actuación, as duas corais interpretarán de forma conxunta o tema Signore delle Cime.

 

Cartel do I Concerto de Música Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button