ConcellosÚltima hora

I Concurso de paella estilo libre na Granxa Escola A Capilla de Lentellais (O Bolo)

Esta singular iniciativa terá lugar no mediodía do vindeiro sábado 28 de setembro

Imaxe dunha paella./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Cunha singular iniciativa comeza o outono na Granxa Escola A Capilla de Lentellais (O Bolo). O vindeiro sábado 28 de setembro as súas instalacións acollerán un concurso de paella estilo libre con media ducia de participantes. Por agora está confirmada a presenza de cociñeiros de diversas localidades do Bolo, pero a convocatoria aínda está aberta, polo que podería haber algunha nova incorporación.

Esta proposta comezará arredor das 12h. A esa hora os cociñeiros situaranse en diferentes puntos do terreo da granxa co seu correspondente material (queimador, arroz e outros ingredientes) para comezar a preparar a súa paella, que deberá estar lista para poder ser valorada polo xurado ás 14:15h. “Cada un dos cociñeiros entregaranos un tícket co custe dese material para cociñar, que nós abonaremos”, indican dende a granxa escola bolesa.

Unha vez que o xurado emita o seu veredicto e escolla a mellor paella (cuxo cociñeiro ganará un xamón) será o público presente quen poderá probar cada unha das elaboracións realizadas, a partir das 14:30h. Para poder facelo terá que pagar unha entrada de 10 euros no caso dos adultos e de 4 euros no dos nenos.

 

Artigos relacionados

Back to top button