CulturaCulturaÚltima hora

I Concurso Fotográfico “Abellas ao voo”

O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o vindeiro 5 de abril

 

Ata o vindeiro 5 de abril está aberto o prazo para participar no “I Concurso Fotográfico Abellas ao voo”, que convoca a Agrupación Apícola de Galicia, con sede en Barbadás. Nel pode participar “calquera persoa física ou xurídica maior de 18 anosresidente en España, xa sexa unha afeccionada á fotografía ou fotógrafa profesional”.

Este certame céntrase no “universo da apicultura e, en concreto, das abellas na súa relación co medio natural. Para entrar no concurso, as instantáneas participantes terán como obxectivo captar a beleza das abellasna súa cotiandade, mentres interactúan coa contorna: nos colmeares, coas flores, con outros elementos da natureza…”, tal e como se indica nas bases, nas que se establece un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 300.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías, poidendo gañar só un premio. “As fotografías deben de ser orixinais e inéditas, non se aceptarán montaxes nin collages, e a autoría debe de ser do propio participante. As imaxes deben estar en alta resolución e serán enviadas á organización a través dun correo electrónico dirixido a: feira@apicoladegalicia.com.

O prazo de participación iniciábase o 20 de marzo ás 11.00 h e finalizará o 5 de abril ás 11.00 h. O xurado emitirá o seu fallo dentro dos 15 días posteriores ao remate do concurso. Faranse públicos os gañadores a través da páxina web da Agrupación Apícola de Galicia, así coma das redes sociais (Facebook e Instagram) da mesma.

As bases deste concurso poden consultarse aquí:

AAdG_Bases_Concurso_Fotográfico

Artigos relacionados

Back to top button