OurenseÚltima hora

I encontro das Orquestras Sinfónicas e Coros dos Conservatorios Superiores de Música de Galicia, en Ourense

A montaxe terá lugar mañá, venres 6 de abril, ás 20:30h. no Auditorio Municipal
Presentación do espectáculo, en Ourense.

Mañá, venres 6 de abril ás 20:30 horas, celebrarse no Auditorio Municipal de Ourense, o primeiro encontro das Orquestras Sinfónicas e Coros dos Conservatorios Superiores de Música de Galicia.

O programa consiste na interpretación íntegra de Carmina Burana. Cantata escénica para orquestra, coro e solistas, de Carl Orff, un compositor xermano recoñecido universalmente pola adaptación destes cantos escritos por monxes e xograres ao longo dos séculos XII e XIII, reunidos nun manuscrito descuberto case 700 anos despois.

Esta montaxe inclúe tamén pequenos intérpretes, de entre 5 e 7 anos de idade, do coro Mini Gaos, e conta coa actuación do Coro de nenos do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, dirixido por Cristina Rodríguez, e do que tamén participa o barítono Borja Quiza.

Artigos relacionados

Back to top button