En portada

I Encontro de mascaradas da península en Viana do Bolo e en Vilariño de Conso

Durante unha fin de semana estas dúas localidades reunirán diversas manifestacións vencelladas coa máscara de España e Portugal
Boteiros dun dos folións do concello de Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.
Boteiros dun dos folións do concello de Viana do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

Máscaras e rituais dalgunhas das festas de inverno máis senlleiras da península despregarán o seu engado na fin de semana do 17 e 18 de xaneiro no oriente ourensán. Será un encontro no que participarán folións do oriente ourensán, tanto da zona de Viana como dos veciños concellos de Vilariño de Conso e de Manzaneda. Pero tamén participarán grupos procedentes doutras zonas da provincia e de diferentes puntos de España como é o caso de Asturias ou León e mesmo de Portugal.

Membros da Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso, nunha saída no pasado Entroido./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Membros da Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso, nunha saída no pasado Entroido./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Esta mascarada desenvolverase na tarde do 17 de xaneiro en Viana do Bolo e na mañá do 18 de xaneiro en Vilariño de Conso. A organización está a concretar os detalles e tamén a pechar a asistencia dos grupos e moi pronto fará público o cartaz deste evento internacional e que aposta por pór en valor a riqueza destas manifestacións na provincia de Ourense e noutras zonas da península.

Folión da Mourela pa c'a, de ronda por Palleirós (Manzaneda)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Folión da Mourela pa c’a, de ronda por Palleirós (Manzaneda)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A iniciativa está a ser promovida pola Comisión de Entroido 2015 de Viana do Bolo (na que colaboran todos os folións deste municipio) e pola Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso en colaboración cos concellos de Viana e de Vilariño.

Imaxe da máscara asturiana do Sidro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da máscara asturiana do Sidro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os caretos son unhas máscaras características da parte norte de Portugal./ Foto: Carlos G. Hervella.
Os caretos son unhas máscaras características da parte norte de Portugal./ Foto: Carlos G. Hervella.

Texto: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button