OurenseÚltima hora

I Feira das Oportunidades ProLimia, en Xinzo os días 11 e 12 de agosto

Na mostra, que terá como escenario a Alameda do Toural, participarán unha vintena de postos de diversos sectores

Ás 13h. do vindeiro sábado 11 de agosto está prevista a inauguración da I Feira das Oportunidades ProLimia. Esta mostra, que organiza a Asociación ProLimia, terá como escenario a Alameda do Toural de Xinzo de Limia e nela participarán unha vintena de postos de diferentes sectores que ofrecerán interesantes descontos: MerkaLimia, Apícola RJ, A Tenda do Ourizo, Algaría, Mercería Carmiña, Muñeca de Trapo, Coqueta, Kekos, Anxiños/Mírame, Devesa Moda, Avantaxe, Chanquiña, Ciempiés, Su_Gar, Agasallos, Luxury Estilistas e Limia Xestión.

Artigos relacionados

Back to top button