ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

I Festa das Porretas de Valdeorras

Na vila do Castro púxose en marcha este 24 de febreiro outra nova iniciativa derivada da inmensa enerxía que ten Valdeorras. Preto de trescentas persoas asistiron á I Festa das “Porretas” na finca de Gelo Carrera para exaltar este manxar, o que non lle faltaron ilustres acompañantes nun completo menú: degustación de aceites de Valdeorras e queixos para o aperitivo, porretas, chourizos con cachelos, cabrito asado con ensalada, viños Mencía e Mozafresca, bica, leite frita, café…

Houbo pregón de Isidro García Tato e non deixou de animar a festa o grupo de gaitas Abertal da Rúa. Na organización participou o catering Mantesil, e sobre todo: unha nova posta en valor de tanta riqueza e vida que ten Valdeorras, este SurEste Galego aberto ao mundo e obrigado de visitar.

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button