ConcellosÚltima hora

I Festa do Botelo, na Coruña

O Concello pretende promocionar turística, cultural e gastronomicamente O Barco
Presentación da Festa do Botelo na Coruña.
Presentación da Festa do Botelo na Coruña.

A idea xurdíu hai anos pero non foi ata agora, un mes despois de celebrar a XIV edición no Barco, cando o Concello do Barco se decidía a dar un paso máis na promoción do botelo, e de paso de toda a súa gastronomía, cultura e turismo da vila e de todo Valdeorras.

Farano o vindeiro domingo 23 de febreiro, coa I Festa do Botelo na Coruña. Ese día o restaurante Mirador de San Pedro acollerá un xantar no que o prato estrela será o botelo con chourizos, repolo e cachelos, igual que na festa que se celebra no pavillón barquense, promocionando ademais outros produtos da zona como a empanada de maravallas ou o viño da D.O. Valdeorras. As previsións do Concello apuntan á asistencia duns 300 comensais e tamén que poda servir de respaldo á solicitude de declaración de Interese Turístico de Galicia para a festa gastronómica barquense por excelencia.

Tal como explicou o concelleiro de Cultura do Barco Eduardo Ojea, esta é unha iniciativa que vén a completar “as actividades a prol da Fesa do Botelo, na que levamos catorce anos traballando e que tantos premios está recollendo”.

A festa está xa consolidada na comarca, e Ojea asegura que “agora é o momento de externalizala”. A Coruña será o primeiro lugar elexido pero a idea é continuar por outras cidades como Vigo.

Na presentación da festa, o concelleiro de Cultura estivo acompañado pola concelleira de Turismo Irene Dacal.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button