ConcellosÚltima hora

I Festival da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval en Verín

Desenvólvese do 18 ao 20 de setembro na praza da Mercé desta localidade ourensá
Stands participantes no I Festival da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval de Verín.
Stands participantes no I Festival da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval de Verín.

Máis dunha vintena de postos de artesanía medieval e unhas 30 cervexas artesás galegas diferentes. Son dous dos referentes do I Festival da Cervexa Artesá e de Artesanía Medieval que do 18 ao 20 de setembro se celebrará na praza da Mercé de Verín.

Esta cita reúne a oito fabricantes de cervexa artesá: Cervexas Aurium (Ourense), Lendas (Tomiño), Galponbier (Vilanovade Arousa), Bubela (Lugo), Menduiña (Cangas de Morrazo), Vacaloura (Nigrán), Monte Rei (Monterrei) e Chopps (Laza). Ademais entre os postos de artesanía medieval figuran artesáns da comarca de Verín. A isto engándese unha serie de actuacións musicais que ambientarán o recinto. Comezaban o venres co grupo de Allariz “Jenni e Nico” e continuarán o sábado, a partir das oito coa actuación do grupo de Monterrei “Nova Era”.

Postos de cervexa artesá no recinto feiral, situado na praza da Mercé.
Postos de cervexa artesá no recinto feiral, situado na praza da Mercé.

A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a caña. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda. Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta con 8 espazos que irá cubrindo cos selos dos 8 fabricantes. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta e, o domingo ás 21:00 horas, realizarase un sorteo entre todos os participantes que achan completado o cartón no que se lle entregarán 8 packs de cervexa, segundo se informa dende a organización, en mans do Concello de Verín e de Adiccag (Asociación para a Divulgación da Cultura da Cervexa Artesá).

Outra das actividades do festival será o curso de elaboración de cervexa artesanal que se impartirá na carpa da cervexa o domingo ás 18:00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button