EconomíaViticultura

I Festival da Vendima-Monterrei

Dende unha feira de mostras ata un pisado de uva no Castelo de Monterrei

FeiravendimadeMonterrei

Tras ser vendimadas, as uvas chegaban nun carro de cabalos ata o Castelo de Monterrei, onde se prodecía o pisado da uva. Esta comarca ourensá tiraba da tradición para celebrar o 1º Festival da Vendima de Monterrei o pasado 19 de outubro. Foi unha xornada ateigada de actividades, nas que ademais de viño e gastronomía, houbo demostracións de oficios tradicionais e de artesanía, xogos, sorteos, concursos e música da man da Banda de gaitas de Verín e do cantautor Emilio Rúa, que estivo acompañado por José Gayoso.

Nesta celebración estiveron presentes a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o secretario xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto.

Texto: O Sil/Redacción Ourense

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button