ConcellosÚltima hora

I Festival do Circo e do Humor, do 29 ao 31 de outubro en Castrelo de Miño e Boborás

Incluirá espectáctulos de maxia, circo e as actuacións de Luis Zahera e Pepo Suevos

 

Os Concellos de Castrelo de Miño e de Boborás unen as súas forzas para organizar o primeiro Festival de Circo e do Humor, que contará con artistas de referencia e desenvolverase na última fin de semana de outubro de forma simultánea nos dous municipios.

O programa do festival (cuxo conxunto de actividades son gratuítas) dará comezo o venres 29 ás 19:00 horas coa actuación en Boborás do espectáculo “A Maxia do Outono” e á mesma hora en Castrelo de Miño poderá a asistirse a función “Asacocirco Show”. O sábado 30 ás 19:00 horas en Boborás actuará o monologuista galego Pepo Suevos e en Castrelo de Miño á mesma hora porase en marcha o espectáculo “A Maxia do Outono”.

A xornada do domingo será a máis extensa en programación e comezará ás 12:00 horas en Castrelo de Miño coa actuación do artista Luís Zahera, que pola tarde ás 18:00 horas estará en Boborás, tamén as 18:00 horas en Castrelo de Miño dará comezo o monólogo de Pepo Suevos. O festival finalizará en Boborás ás 19:30 coa proposta circense “Asacocirco Show”.

Tanto a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, como o alcalde de Castrelo de Miño; Avelino Pazos, manifestan a súa satisfacción de colaborar e “traballar xuntos a prol da cultura, achegando a poboacion en xeral espectáculos de calidade e con artistas moi coñecidos”. Este proxecto foi posible a través dun convenio co que acadaron a máxima puntuación na Liña de axudas de Cultura da Xunta.

En Boborás os espectáculos realizaranse no patio do colexio e en Castrelo de Miño no Parque Náutico de Galicia. En ambas localizacións as actuacións serán ao aire libre, pero coa instalación dunha carpa para combater posibles inclemencias meteorolóxicas.

Dende os Concellos de Castrelo de Miño e Boborás agradécese “a colaboración da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sen o seu apoio este festival non sería posible”.

Artigos relacionados

Back to top button