CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosSen categorizar

I Lectura en inglés do Pablo VI-Fátima

Tivo como escenario a Biblioteca Municipal da Rúa

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, participaban na mañá do xoves 29 de maio, no I “Reading English Words”. Trátase dunha actividade organizada dende o departamento de inglés do centro.

A lectura tiña lugar na biblioteca municipal da Rúa onde os nenos leron en inglés e en castelán os libros sobre os que traballaron neste curso: “Super Structures” os de 5º, e “Wonders of the past” os de 6º.

Tal como explica a profesora de inglés Rocío Illesca, esta é a primeira edición dunha iniciativa que espera teña continuidade nos vindeiros cursos “e ter un día adicado aos libros sobre os que os alumnos van facendo actividades nas clases (puzles, debuxos, adiviñanzas, etc)”.

Fotos cedidas polo Colexio Pablo VI-Fátima

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button