EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

I Mostra de Artesanía e Produtos Locais en Quiroga, o 27 de agosto

Ao final desa mesma xornada tamén terá lugar a actuación do grupo de folk A Roda

 

Quiroga celebrará o venres 27 de agosto a I Mostra de Artesanía e produtos locais. A Asociación de Artesáns galegos “Tarabelada” da que forman parte varios emprendedores locais, propuxéronlle ao Concello de Quiroga a idea de dar a coñecer dentro desta zona lucense os produtos que eles mesmos elaboran.

Nesta I Mostra de artesáns, que se desenvolverá ao longo da rúa Real, poderase atopar todo tipo de produtos como queixos, marmeladas, mel, licores ou especias dentro da parte adicada a alimentación, mentres que na parte da artesanía haberá traballos feitos con coiro, xabóns, tellas ou madeira autóctona como a madeira de oliveira.

O Concello de Quiroga, que apoiou desde o primeiro momento esta iniciativa dos artesáns locais, realizou as xestións necesarias coa Consellería de Cultura para facer da xornada do 27 de agosto, outro evento cultural no que tamén teña cabida a música tradicional, daquela o remate da xornada terá lugar a actuación do grupo de música folk “A Roda” a partir das nove da noite nas inmediacións da rúa Lago.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button