ConcellosÚltima hora

I Obradoiro de Técnicas de Relaxación e Autocontrol Emocional, en Viana

Será impartido na tarde do 29 de agosto por Almudena Alonso no Centro Sociocomunitario

 

Cartel da actividade.

O Centro Sociocomunitario de Viana do Bolo acollerá o vindeiro 29 de agosto o I Obradoiro de Técnicas de Relaxación e Autocontrol Emocional. A actividade, que comezará ás 19h., centrarase na “incorporación de hábitos saudables para mellorar a calidade de vida” e será impartido por Almudena Alonso, profesional de medicina tradicional chinesa, con estudos en naturopatía e profesora de meditación.

No obradoiro traballaranse cuestións como as melloras na capacidade de concentración e atención, a diminución do estrés e da ansiedade, a aprendizaxe de posturas sanas, as técnicas de respiración e métodos para durmir e lograr un bo descanso.

As persoas interesadas en asistir poden ampliar información ou realizar a súa inscrición contactando co Centro Sociocomunitario de Viana do Bolo no teléfono 988 78 86 50 ou no correo c.b.s.vianadobolo@xunta.es. O custe da inscrición é de 10 euros e as prazas son limitadas.

Artigos relacionados

Back to top button