EconomíaEconomíaÚltima hora

I Ruta de Pinchos da Veiga

Os bares desta localidade ofrecerán degustacións de pinchos a partires das oito da tarde do 12 de agosto
Cartaz da ruta.
Cartaz da ruta.

Constitúe unha oportunidade para desfrutar de saborosos pinchos elaborados con produtos autóctonos. A I Ruta de Pinchos da Veiga propón un circuíto de delicias gastronómicas na tarde do 12 de agosto. Esta ruta comezará a partires das oito da tarde e nela os participantes deberán mercar un cartón cun prezo de 12 euros. Isto inclúe consumición (auga, viño ou cervexa) máis un pincho en cada un dos establecementos participantes que son: As Chairas, Río Xares, FonteVella, Yáñez, Laila e Trevinca.

Estes cartaces estarán á venda na Oficina de Turismo (988 35 01 30) ou no Concello da Veiga. Esta I Ruta de Pinchos será organizada pola Asociación Xuvenil Cántara da Moura e polo Concello da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button