DeportesFútbolUD OurenseÚltima horaVerín CF

I triangular Torneo Feira do Viño de Monterrei o 13 de agosto no José Arjiz, en Verín

Comezará ás 19 horas, a un só tempo de 45 minutos, entre Verín CF, UD Ourense e GD Bragança

Presentación do I triangular Feira do Viño de Monterrei.

 

O Verín CF debutará nesta tempada ante a súa afección, o sábado 13 de agosto dende as 19 horas, no que será o primeiro partido de pretempada, con motivo da celebración do I torneo triangular Trofeo Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar coincidiendo coa organización da XV edición do certame vitivinícola da comarca de Monterrei. Será pois a primeira vez que a afección poida ver vestido de curto ao novo equipo do Verín, que seguirá dirixido, un ano máis, polo técnico Juanjo Vilachá.

A presentación do torneo tiña lugar na tarde do martes 9 de agosto na sala de prensa do club, por parte do persidente, Juan Carlos Francisco, acompañado para a ocasión polo capitán do equipo Hugo Domínguez e o gardameta Jorge Salgado. Trátase dun torneo que se organiza da man da Denominación de Orixe Monterrei, “e que prestou toda a súa colaboración para esta primeira edición e as futuras”, agradecía Juan Carlos Francisco, quen tamén anunciou que para os participantes e gañadores, ademais dos oportunos trofeos conmemorativos, “haberá, como non pode ser doutra forma, algún obsequio ligado á celebración da Feira do Viño de Monterrei”.

 

Hugo Domínguez, Juan Carlos Francisco e Jorge Salgado.

 

Tanto o porteiro, como o seu capitán, aproveitaron a ocasión para convidar a toda a afección a encher o José Arjiz este sábado. “Que mellor que comezar unha tarde de sábado e antes de ir tomar uns viños, que vir ver xogar ao teu equipo”, dixo Hugo Domínguez. Jorge Salgado sumouse á invitación, asegurando que “é ou noso primeiro partido diante dous nosos e queremos velos a todos nas bancadas. Precisamos do seu apoio dende ou minuto número un, e ese minuto será este sábado ás sete dá tarde”, concluíu o porteiro verinés.

Con respecto á competición, cada partido disputarase a un só tempo de 45 minutos máis os preceptivos 15 de descanso. Comezará o Verín CF enfrontándose á UD Ourense, ás 19 horas. Unha hora máis tarde, será a quenda dos verineses fronte aos portugueses do Bragança (20 horas). E xa ás 21 horas concluirá o triangular co enfrontamento entre os dous equipos convidados: UD Ourense e GD Bragança.

Fotos: Verín CF.

Artigos relacionados

Back to top button