ConcellosÚltima hora

I Xornadas Interxeracionais en Manzaneda

O seu programa desenvolverase entre o 11 e o 13 de xullo nesta vila
Detalle do cartaz destas xornadas.
Detalle do cartaz destas xornadas.

A tradición, o deporte, o xogo ou a música son algúns dos ingredientes das I Xornadas Intexeracionais de Manzaneda. Este encontro, que promove a Asociación Algueirada en colaboración co Concello, terá lugar do 11 ao 13 de xullo neste municipio do oriente ourensán.

O seu programa encetarase na tarde do 11 de xullo cunha visita ás instalacións do Concello co fin de que os participantes se acheguen á administración local, e proseguirá coa proxección de documentais sobre antigos oficios no salón de actos da mesma Casa Consistorial.

A xornada do 12 de xullo comezará a partires das dez da mañá cunha andaina ata Cabeza de Manzaneda, pola tarde realizarase unha visita turística a este concello e, xa á noitiña, está prevista unha velada con xogos de mesa e cooperativos no patio do colexio.

Finalmente, o 13 de xullo o programa desta primeira edición das Xornadas Interxeracionais completarase cun mercado, situado tamén no patio do colexio, no que haberá exposición e venda de produtos deste municipio. Este mercado terá un carácter solidario xa que estará adicado á nena barquense Sheila.

A partires das doce, celebrarase ademais un concurso de repostaría. Segundo se sinala nas súas bases, os doces deberán ser elaborados na casa e outorgarase cadanseu premio aos tres primeiros gañadores. Pola tarde, ás 16h., chegará a música tradicional con cantigas e pandereteiras e ás 18h. haberá baile.

As inscricións para estas xornadas son grauitas e poden realizarse chamando aos teléfonos 988 33 31 95 ou 628 535 797.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button