ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

I Xuntanza da Xente de Cedie, no Barco

Publicidade
Un total de 56 persoas asistían a este encontro celebrado na tarde e noite do 18 de agosto

Na tarde do 18 de agosto tiña lugar un encontro moi especial nas antigas escolas de Cedie no Barco. O obxectivo era reunir a aquelas persoas que traballaron nesta empresa barquense ou viviron nas súas proximidades. Á iniciativa (promovida por Andrea, Daniel e Luci en colaboración con veciños da zona) resultaba todo un éxito e contaba con 56 asitentes, dende nenos ata persoas de 90 anos.

A reunión comezaba ás 20h. e logo dábase paso a unha cea a base de paella, tortillas, viño, pan e bicas, como sobremesa. A través das redes sociais, Andrea Prada amosaba, en nome da organización, o agradecemento “a todos e cada un dos participantes do encontro polas numerosas mostras de cariño e a gran acollida e resposta final que tivemos”, así como a aqueles que colaboraron para facelo posible.

A intención é darlle continuidade o vindeiro ano esta I Xuntanza de Xente de Cedie, incorporando a máis persoas ligadas a esta zona.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button