OurenseÚltima hora

Ibuprofeno Teatro trae ao Auditorio de Ourense a súa última montaxe “O mel non caduca”

Esta traxicomedia sobre a obsolescencia programada e a degradación do planeta comezará ás 20:30h.

 

Dous científicos/ apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. É a trama sobre a que xira O mel non caduca, a nova montaxe da compañía galega Ibuprofeno Teatro, dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Marián Bañobre e Avelino González que chega mañá ao Auditorio de Ourense (20:30h.).

Trátase dunha traxicomedia arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e a degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos. Unha obra, di a compañía, “para emocionar e concienciar e tamén para rir e emocionar”.

As entradas, desde 3 euros, pódense adquirir en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.

 

Artigos relacionados

Back to top button