OurenseÚltima hora

A “ICC Week 2018” presenta o humor como industria cultural e creativa

Esta cita celebrarase entre os días 2 e 5 de maio con creadores das diferentes áreas das industrias culturais
Juan Rivas, Manuel Baltar e Manuel Araújo.

Na mañá do 2 de febreiro presentábanse as novidades da “ICC Week 2018”,que se celebrará entre o 2 e o 5 de maio. Dita presentación tivo lugar no Cento Cultural “Marcos Valcárcel” canda ao Presidente da Deputación, Manuel Baltar e os organizadores do evento, Juan Rivas e Manuel Araújo.

Entre esas novidades que se presentaron para esta cuarta edición, destaca a temática do humor como industria cultural e creativa, entorno á cal se desenvolverá unha mesa redonda baixo o título “Humor e creatividade, a partella perfecta”. A mesa será moderada por Manuel de Lorenzo, colaborador en medios como Jot Down, El Español ou El Progreso, e intervirán nela Juan Ramón Bonet, presentador do programa “¡Boom!”, de Antena 3; Raquel Córcoles, creadora de Moderna de Pueblo; e Alberto Casado e Rober Bodegas, referentes da comedia online con “Solocomedia”, quen serán os encargados de pechar o programa da ICC Week deste ano co espectáculo de comedia “Pantomima Full”.

Máis información no vindeiro número de febreiro do Xornal O Sil

Artigos relacionados

Back to top button