OurenseÚltima hora

A ICC Week acollerá o Premio Rodolfo Prada, para profesionais da xestión cultural

As candidaturas poderán ser presentadas por profesionais da xestión cultural, colectivos culturais ou institucións públicas ou privadas até o vindeiro 2 de abril
Xurado do premio.

A vindeira edición da Ourense ICC Week, que se desenvolverá entre os días 2 e 5 de maio, acollerá a entrega do “Premio Rodolfo Prada á xestión cultural”. A convocatoria deste galardón está dirixida a persoas, proxectos ou colectivos que se signifiquen pola xestión de iniciativas de carácter cultural e que desenvolverán a súa actividade en Galicia ou fóra, pero con claras referencias nos seus contidos e obxectivos á cultura galega. O premio contará con tres modalidades:

“Profesionais da xestión cultural”, que desenvolvan unha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.

“Persoas voluntarias ou colectivos afeccionados”, que desenvolveran algunha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.

“Proxectos culturais vinculados á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural” e que formen parte do manual de boas prácticas levado a cabo por devandita asociación.

Esténdese que o proxecto cultural no que se convoca este premio son aquelas iniciativas que teñen cabida dentro dalgunha das modalidades que se relacionan tradicionalmente no marco xenérico da cultura e, por extensión, de actualidade e de perspectivas de futuro, no novo concepto das industrias culturais e creativas: artes escénicas, artes plásticas, audiovisual, etnografía, letras, música, patrimonio histórico e cultural, industrias culturais e creativas, proxección exterior da cultura galega…

As candidaturas poderán ser presentadas por profesionais da xestión cultural, colectivos culturais ou institucións públicas ou privadas no ámbito cultural ata o vindeiro 2 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button