OurenseÚltima hora

A ICCWeek aposta por poñentes como Elsa Punset, El Langui ou Pepe Solla

Será unha semana na que as industrias culutrais relacionadas co ámbito audiovisual, as TIC, a cultura, a música, entre outras, daranse cita nos lugares máis emblemáticos da provincia
Juan Rivas, Manuel Baltar e Manuel Araújo.

Ourense converterase na Ágora das industrias culturais e creativas durante a terceira edición “ICC Week”. Na mañá de hoxe, 30 de abril, presentouse o ambicioso programa de relatorios que encherán esta semana de calidade profesional nos ámbitos do audiovisual, as TIC, Xestión Cultural, Literatura, Artesanía, Deseño Gráfico, Música, Publicidade ou Arquitectura.

Esta cita, que se levará a cabo entre os días 2 e 7 de abril, convertera a Ourense no “cerne das industrias culturais e creativas, situando a nosa provincia como un espazo para escoitar e comprobar a vangarda o ámbito da creatividade”, dixo o presidente da Deputación, Manuel Baltar.

A xornada inaugural arrancará co propio presidente no Centro Cultural Marcos Valcárcel o martes, 2 de maio, ás 20:00 horas. Tras el será a quenda de Javier Rioyo, director do Instituto Cervantes de Lisboa e antigo director da mesma institución en Nova York; e Elsa Punset, “que está encantada de voltar a Galicia” asegurou o membro da organización Juan Rivas.

O mércores, 3 de maio, tomará protagonismo a industria musical coas relatorios baixo o título “O futuro da música na era dixital”. O Castelo de Monterrei, en Verín, será o encargado de acoller esta xornada que arrancará cara ás dez da mañá e rematará sobre a unha da tarde. Co xornalista Javier Becera como moderador, entre os poñentes hai nomes como Daniel Sanchís; Miqui Puig, que fóra xurado de Factor X España ou a manager e avogada especializada en dereitos de autor, Patricia Hermida. Xa pola tarde, o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acollerá os relatorios de Cociña e Cultura, nos que intervirá o chef Pepe Solla, entre outros.

Os interesados nos relatorios de Xestión Cultural terán que ir até o Castelo de Maceda o xoves 4 de maio entre as 10:00 e as 14:00 horas. Alí, o director Oliver Laxe e a produtora Concha Fontenla. Pola tarde, La Molinera acollerá os relatorios relacionados coas TIC e o Coñecemento. Entre os poñentes está Xosé Luis Vázquez, director do Outono Fotográfico ou Fran Rodríguez, director da Escola de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense.

Para o venres 5 está previsto que o relatorio sexa no Castelo de Monterrei, onde falarán dos retos culturais e creativos en Galicia. E pola tarde será a quenda da “masterclass” de guión. Con mestres tan destacados como Juan Manuel Montilla “El Langui”, ou un dos creadores de “El Ministerio del Tiempo”, Javier Olivares.

Artigos relacionados

Back to top button