Ourense

Identificados dous infractores por tirar lixo nun vertedoiro ilegal en Ourense

A Policía Local detectounos nas inmediacións do Pazo de Ramirás, no kilómetro 580 da estrada N-120
Imaxe do vertedoiro ilegal das inmediacións de Pazo de Ramirás.
Imaxe do vertedoiro ilegal das inmediacións de Pazo de Ramirás.

A Policía Local de Ourense identificou a dous responsables de botar lixo nun vertedoiro ilegal nas inmediacións do Pazo de Ramirás, á altura do kilómetro 580 da estrada N-120. Os axentes procederon á súa identificación e remitiron posteriormente ambos expedientes a Medio Ambiente para unha posible sanción.

Un dos infractores, veciño da zona, retirou os enseres que vertera despois de ser identificado polos axentes. O lixo procedía dnhas obras realizadas nunha casa familiar, para as que non solicitara a correspondente licenza. Neste caso, a Policía Local tamén remitiu o expediente a Urbanismo.

Por outra banda, a outra infractora -tamén veciña da zona- foi identificada e manifestou descoñecer que estaba cometendo unha infracción.

Neste senso o Concello lembra que tirar lixo na vía pública está prohibido, xa que se debe facer nos puntos con contedores habilitados para iso. No que respecta a voluminosos, existen dous puntos limpos na cidade: Santa Mariña e As Eiroás. Admítense en tres categorías: almacén pechado para os residuos perigosos no fogar -aerosois, fluorescentes, disolventes ou pinturas-, zona de colectores de gran capacidade para os residuos voluminosos -mobles, colchóns, electrodomésticos e similares- e unha zona de colectores para a recollida selectiva de envases de vidrio, plástico, latas, bricks, papeis e cartón.

O horario de vertido de lixo nestes puntos limpos habilitados é de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

Artigos relacionados

Back to top button