CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

IES Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), un centro único para formarse como técnico en Construción

Fachada do IES Sobradelo./ Foto cedida.

 

Dende interpretación de planos, medicións e presupostos, ata albanelería, formigón armado, organización, impermeabilización, illamentos, e mesmo deseño asistido por ordenador. Son os temas nos que se poden formar os alumnos que se matriculen no IES Sobradelo, a antiga Escola Técnica de Colocadores de Pizarra, ubicada no Centro Tecnolóxico da Lousa (Candís, S/N) en Carballeda de Valdeorras. Un centro de ensino público no que unicamente se imparten as ensinanzas de Ciclo Medio de Construción, da familia profesional de Edificación e Obra Civil, é dicir unha formación de futuro.

Malia a crise a construción segue estando aí. A obra nova anda escasa pero hai moita rehabilitación,… “Ademais coas novas normativas e esixencias para os edificios polo aforro enerxético, coa necesidade de coñecementos sobre illamento e demais, necesítanse novos profesionais. A maiores de que se poden poñer como autónomos, as empresas están requerindo man de obra cualificada”, explica a directora do centro Begoña Llamas.

 

Interior do taller do IES Sobradelo./ Foto cedida.

 

A formación no IES Sobradelo é e dun ciclo modular que consta de 2.000 horas (dous cursos) con teoría e moita práctica. Ademais da saída profesional, outra das vantaxes do IES Sobradelo é que as ensinanzas son gratuítas e o alumno recibe todo o material que pode necesitar, incluídos os EPIS (Equipos de Protección Individual).

Con respecto ás condicións de acceso, poden ser vía académica, con proba de acceso ou con experiencia profesional. No primeiro caso pode accederse co graduado en ESO ou equivalente; con 2º de Bacharelato (antigo BUP), incluso con dúas asignaturas suspensas; co 1º Grao de FP; ou coa FP Básica; e tamén a través do Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). A xente que non ten estudos tamén pode acceder cunha proba.

O prazo de incricións para o vindeiro curso remata o 5 de xullo podendo formalizarse a matrícula ata o 30 deste mesmo mes.

Para máis información pódese chamar ao 988 78 85 75 ou enviar un correo electrónico a ies.sobradelo.carballeda@edu.xunta.gal.

Artigos relacionados

Back to top button