OurenseÚltima hora

O IES Universidade Laboral contará cun FP de Agroxardinería o vindeiro curso

Esta nova oferta formativa dase grazas a un convenio entre a Consellería de Educación e o Concello, que porá o Botánico de Montealegre e o Viveiro Municipal de Santa Mariña para as prácticas
Román Rodríguez e Jesús Vázquez durante a sinatura do convenio.

Ourense contará cun novo ciclo de Formación Profesional especializado na Agroxardinería. Esta nova incorporación deuse grazas a que o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinaron un convenio para a implantación deste tipo de ensinanzas de Formación Profesional.

Por este motivo, o departamento que dirixe Rodríguez porá en marcha esta novo ciclo de Agroxardinaría e composicións florais no IES Universidade Laboral para o vindeiro curso 2017-2018. O convenio foi asinado entre ambas as dúas institucións xa que, parte das clases, van ser impartidas no Parque Botánico de Montealegre, que xestiona o Concello, e no Viveiro Municipal de Santa Mariña.

Neste senso, o Concello porá a disposición do alumnado as instalacións e o equipamento necesario e seguirá a facerse cargo do seu mantemento e gastos xerais de funcionamento, segundo apuntan fontes consistoriais. Pola súa banda, Educación aportará o persoal docente e asumirá os gastos de material funxible e produtos consumibles necesarios para o desenvolvemento de devandito ciclo.

Segundo expresou o alcalde, Jesús Vázquez, esta é “unha moi boa nova para Ourense”. O rexedor municipal reiterou que “todo o que sexa unha boa nova para a nosa cidade contribúe a ampliar as oportunidades de traballo para os nosos xóvenes”.

Artigos relacionados

Back to top button