EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O IES Vilamarín acolle unhas xornadas sobre augardentes e licores de Galicia

Catas comentadas, showcookings e coctelería en directo. O 6 de febreiro recalaban no IES Vilamarín as xornadas de concienciación “Neste Entroido… que non chos disfracen”, centrada nos aguardentes e Licores tradicionais de Galicia. A mañá comezaba cunha cata comentada pola vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, de produtos amparados. En total, degustábase un Oruxo de Galicia, un Oruxo de Galicia envellecido, un Aguardente de Herbas, un Licor de Herbas de Galicia e un Licor Café de Galicia.

A continuación, o chef do Casino A Toxa, Mark Wernink, e o cociñeiro do Hotel Eurostars Illa da Toxa, Fran Castro, elaboraron en directo dous pratos entre cuxos ingredientes figuran os destilados galegos con selo de calidade. Estes foron un Tataki de atún vermello con brotes, chips de verduras e teriyaki de Licor de Herbas de Galicia e un Biscoito de inverno cremoso de Queixo Tetilla, Mel de Galicia e xelatina de Licor Café de Galicia.

Estas propostas combinábanse cos cócteles elaborados polo barman del Casino A Toxa, Ángel Camiña. No primeiro caso, degustouse El envejecido acomodado (con Oruxo de Galicia), e, no segundo, Café e Especias, unha proposta con Licor Café de Galicia. Estas actividades repetíanse durante a tarde.

Artigos relacionados

Back to top button