Os equipos gañadores, de 2º e 4º da ESO, irán a Toulouse (Francia) en maio
Por segundo ano consecutivo, o equipo do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, coordinado pola profesora Isabel Álvarez Sánchez, convertíase no gañador galego de 4º da ESO no Rally Matemático e Científico sen Fronteiras 2015, cuxa final autonómica se celebraba o 8 de abril na Facultade de Químicas de Santiago de Compostela.
Sen saír do oriente ourensán, o equipo do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, coordinado polo profesor Carlos Ferreiro García, gañaban en 2º da ESO (o ano pasado quedaban ás portas).
Ámbolos dous equipos loitarán na gran final internacional que se celebrará en maio na cidade francesa de Toulouse.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.