DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Ignacio Luis Álvarez (SPF Valdeorras) formará parte do equipo que representará a Galicia no nacional de auga doce 2020

O campionato selectivo (1º e 2º día) celebrouse en agosto e setembro no Encoro de San Martiño, na Rúa

 

Despois da primeira xornada pasada por auga, celebrada o 25 de agosto, dezanove pescadores de toda Galicia participaban hoxe, 15 de setembro, no segundo e último día do campionato selectivo de auga doce 2019, desta volta cun tempo tranquilo e caluroso.

A proba, organizada pola Federación Galega de Pesca, serviu para elixir aos tres pescadores que participarán no campionato de España, entre os que está un membro da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras, Ignacio Luis Álvarez, que conseguía a segunda posición logo de sumar os puntos dos dous días. O primeiro clasificado era Pedro Toucedo Iglesias (Citroën) e terceiro Fernando Vilas Seoane (O Capote). Rubén Silva, tamén da SPF Valdeorras quedaba en cuarto lugar.

Os tres, xunto co campión galego 2019, formarán o equipo que representará a Galicia no campionato nacional de auga doce 2020.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close