CulturaCulturaÚltima hora

Ignacio Castro presenta “Ética del desorden” na Feira do Libro da Coruña

Será o 8 de agosto ás sete da tarde nun acto no que estará acompañado por Arturo Leyte e Manuel Vilariño

Non é un tratado de ética, aínda que polo seu título puidera dar esa impresión. En “Ética del desorden. Pánico y sentido en el curso del siglo” non se opera “coa contraposición do bien ao mal, non busca un conxunto de prescricións para unha vida mellor nin unha idea do deber que guíe a acción”, asegura o seu autor, o ensaísta e filósofo galego Ignacio Castro Rey.

Este libro, que acaba de ver a luz a través da editorial Pre-Textos, aborda “momentos clave do pensamento contemporáneo”. E é o resultado de oito anos de traballo. A súa presentación está prevista para o vindeiro 8 de agosto ás sete da tarde na Feira do Libro da Coruña (Xardíns de Méndez Núñez). No acto intervirán, ademais do autor, Arturo Leyte e Manuel Vilariño.

Asemade, seis días antes, o 2 de agosto, Ignacio Castro asinará exemplares deste libro tamén na feira do libro coruñesa. Será na caseta da Librería Arenas de 18 a 21h.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close