CulturaCulturaÚltima hora

Ignacio Castro presenta “Pontes co diaño” no Círculo de Belas Artes de Madrid

O acto, previsto para o 25 de maio, contará coa presenza de Alfonso Armada, Antón Patiño e o autor
Portada do libro "Pontes co diaño. Encontros con Ignacio Castro".
Portada do libro “Pontes co diaño. Encontros con Ignacio Castro”.

“Pontes co diaño”, o último libro do escritor e pensador galego Ignacio Castro, presentarase o vindeiro 25 de maio na Sala Nova (5ª planta) do Círculo de Belas Artes de Madrid. O acto comezará ás 19:30h. e nel, ademais do autor, estarán Alfonso Armada e Antón Patiño.

Nesta obra reúnense doce entrevistas con Castro de temáticas moi diferentes, con tons e rexistros diversos e publicadas en varios medios de comunicación. Nelas adéntranse “por vieiros pouco transitados” de áreas como a literaria, a política, a social e tecnolóxica, a dos afectos… Pero mantendo sempre unha crítica á “nosa depresiva integridade cultural”.

Ademais este volume inclúe un limiar, un epílogo e as biografías dos entrevistadores: Pedro Ferrández, Pablo Chacón, Alex Serrano, Gonzalo Trasbach, Sofía Lancho, Marcos Lorenzo, Oriol Leira, Fernando Franco e César Rendueles.

Artigos relacionados

Back to top button