CulturaCulturaÚltima hora

Ignacio Castro Rey asinará na Coruña exemplares de “Lluvia oblicua”, un “ensaio impolítico”

Será mañá martes, 4 de agosto, a partir das sete da tarde na librería Berbiriana

Portada deste libro de Ignacio Castro Rey.

 

“Hoxe o pensamento está en perigo debido a que, talvez a andamiaxe informativa conseguiu adiantarse aos nosos sentimentos, sentir por nós (destacando o que importa e o que non, que ángulo, etcétera), co cal o pensamento ten sido desactivado na súa mesma fonte. Por iso obedecemos como ovellas, con ou sen pandemia vírica. Quizais a auténtica pandemia é a normalidade deste condutismo masivo, este contaxio (ou “inmunidade”) de rabaño”, asegura o filósofo compostelán Ignacio Castro Rey, profesor, crítico de cine e arte e xestor cultural.

Pensamento e emoción son cuestións nas que afonda no seu último libro, “Lluvia oblicua” (Pre-Textos, 2020), que define como un “ensaio impolítico e unha especie de teoloxía para ateos”. No marco da Feira do Libro da Coruña, Ignacio Castro Rey estará mañá martes 4 de agosto asinando exemplares do seu novo libro na libraría coruñesa Berbiriana (rúa Santiago 7, perto de María Pita) entre as sete e as nove do serán.

Castro Rey busca con esta obra “empapar conciencias; palabra sobre palabra contra o eterno repouso da sociedade durmida”. A través das súas páxinas o autor plantexa solucións “non máxicas para saír da realidade circular”.

 

Artigos relacionados

Back to top button