CulturaCulturaÚltima hora

Ignacio Castro Rey presenta o seu novo libro “Sexo y silencio” no DIDAC, en Santiago

Neste acto, previsto para o vindeiro 7 de outubro, o autor estará acompañado por Lucía C. Suárez e Javier Turnes

O filósofo e crítico de arte, Ignacio Castro Rey./ Cedida.

 

O filósofo, crítico de cine e arte Ignacio Castro Rey presentará o vindeiro 7 de outubro ás 19h. no Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (DIDAC) en Santiago o seu novo libro “Sexo y silencio” (Pre-Textos, 2021). Trátase dunha obra que reivindica “a sexualidade e a liberdade como unha sorte de refuxio ante as imposicións sociais, políticas e culturais”.

“A pesar da deserotización producida pola hexemonía política e informativa, a pesar dos ríos de tinta vertidos sobre a sexualidade, pouco se pode dicir que estea á altura dos praceres da carne, das súas mil delicias compartidas”, asegura o autor, que é ademais xestor cultural e profesor.

Nesta presentación Castro Rey estará acompañado por Lucía C. Suárez, historiadora da arte, e Javier Turnes, profesor de filosofía.

 

Artigos relacionados

Back to top button