CulturaCulturaÚltima hora

Ignacio Castro Rey presentará o 12 de xullo o seu novo libro “En Espera”, en Santiago

O filósofo e crítico de arte, Ignacio Castro Rey./ Cedida.

 

Apenas un ano despois de Lluvia oblicua (Opinión y verdad en la sociedad del conocimiento), o filosófo e crítico de arte galego Ignacio Castro Rey vén de publicar un novo ensaio: En espera. Sobre la hipótesis de una violencia perfecta (La Oficina Ediciones, 2021). Este libro presentarse o vindeiro luns 12 de xullo ás 19:30h. na Librería Follas Novas de Santiago.

Neste acto o autor estará acompañado por Óscar Parcero e Xavier de Donato, da Facultade de Filosofía. Castro Rey adianta que este volume “denuncia o papel da cultura no mantemento dunha orde social inmisericorde. Nel a explotación e a servidume non proveñen só dunha depredadora economía neoliberal”.

Este filósofo considera que que se falou “moito do Occidente capitalista como estrutura de desarraigamento, de illamento individualista e liquidación comunitaria. Aquí ocupámonos da fronte anímica desta catástrofe antropolóxica, dunha separación elitista sen a que non se explicaría esta precariedade vital disfrazada pola visibilidade, o espectáculo e a corrección. O que se critica neste libro é unha mobilización alternativa que tomou a substitución do conservadurismo, completando culturalmente o labor de limpeza social que o odio capitalista á común vida mortal esixe”.

 

Artigos relacionados

Back to top button