CulturaCulturaÚltima hora

Ignacio Castro Rey presentará o seu libro “Sexo y silencio” o 22 de marzo en Pontevedra

Ignacio Castro Rey, autor de “Lluvia oblicua”./ Imaxe cedida.

 

Filosofía e sexo. Ese é o eixo do novo libro de Ignacio Castro Rey. Baixo o título de “Sexo y silencio” ( Pre-textos, 2021), esta obra amosa como “hai unha intelixencia subversiva no sexo, unha verdade vinculada a un feliz subdesarrollo dos afectos. Inseparable da paixón, dun desexo por fin liberado, é posible que o sexo sexa unha experiencia que arma ao brando de corazón e desorienta ao poderoso e insensible”.

Este ensaio presentarase o vindeiro 22 de marzo ás 19:30h. na Casa das Campás en Pontevedra. No acto, o autor estará acompañado por Valentín Bóveda.

 

 

Ignacio Castro Rey é filósofo, crítico de cinema e arte, xestor cultural e profesor. Ademais de ser autor de múltiples artigos e conferencias e profesor convidado en distintas universidades, Castro Rey ten publicado diversos libros, entre os últimos, “Lluvia Oblicua” (Ed. Pre-Textos 2020), precedido de “Mil días en la montaña” (Ed. FronteraD, 2019) e “Ética y desorden” ( Pre-Textos, 2017).

 

Artigos relacionados

Back to top button