OurenseÚltima hora

Ignacio Vilar levará “A Esmorga” á gran pantalla

A rodaxe da película comezará en Ourense nas vindeiras semanas e prolongarase ata o 30 de marzo

A “Bela Auria” revive. A cidade convertirase nun plató de cinema para levar á gran pantalla “A Esmorga” de Eduardo Blanco Amor. O encargado de facelo será Ignacio Vilar, que o 6 de novembro presentaba este proxecto na praza do Ferro, acompañado polo director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes (que participa no filme), así como por autoridades como o alcalde de Ourense,o presidente da Deputación e o conselleiro de Cultura, e por representantes da Agadic, a TVG e a TVE, entre outros.

“Para min é unha gran ledicia poder rodar “A Esmorga”, que é unha das novelas máis grandes da literatura universal, e espero estar á altura das circunstancias”, sinalaba Vilar. A rodaxe comezará nos próximos días e prolongarase ata o vindeiro 30 de marzo.

Para o consellleiro de Cultura, Xesús Vázquez, “esta produción é cinema galego, rodado en galego e localizado en Galicia, concretamente nunha gran capital cultural da nosa terra como é Ourense, unha cidade que se transformará de novo na Auria do Cibrán, o Bocas e o Milhomes”.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, incidiu en que “A esmorga” “é a novela da Ourensanía”que xa foi traducida ao inglés pola institución provincial baixo o título de “On a bender”, para espallar unha das obras senlleiras da nosa cultura dende Galicia cara o ámbito internacional.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, asegurou que o protagonista do filme non serán as persoas, “senón o continente, a Bela Auria, a nosa cidade”.

Texto: O Sil/Redacción Ourense Fotos: Carlos G. Hervella

Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button