CulturaCulturaÚltima hora

Ignacio Vilar recolle o Premio ao Mellor Filme Estranxeiro no 50º WorldFest-Houston (EE.UU.)

Sicixia, a última longametraxe do director valdeorrés, competía con 35 filmes de diferentes países
o director valdeorrés Ignacio Vilar, co galardón.

O director de Sicixia, Ignacio Vilar, recollía na madrugada do 29 ao 30 de abril o Premio Platinum Remi Award, o máis alto galardón do festival WorldFest-Houston (EE.UU.) na categoría de Filme Estranxeir, onde competía con máis de 35 longametraxes procedentes de todo o mundo (Arxentina, Rusia, Cuba, Canadá, México, Irán, India, Reino Unido, Croacia, etc.)

Á Gala de entrega de premios celebrada no Grand Ballroom Westchase Marriott Hotel (Houston), asistían arredor de 400 persoas e alí, Ignacio Vilar “tivo a oportunidade de comprobar en persoa a “enorme expectación xenerada polo seu filme Sicixia, Paseo polo amor e a Costa da Morte protagonizado por Monti Castiñeiras e Marta Lado, tanto entre os directores presentes como entre o público xeral”, aseguran dende a produtora Vía Láctea Filmes. Ao día seguinte de recoller o premio, proxectábase a fita no The AMC Studio (Houston), con coloquio co director galego ao remate.

Seguindo coa promoción internacional e nacional,o filme rodado na Costa da Morte estrearase no emblemático Cinema Maldà de Barcelona o venres 12 de maio, permanecendo no seu cartel nun pase diario ás 20:30h. ata o xoves 18, coincidindo coa semana das Letras Galegas.O director estará presente no evento da estrea no que estará arroupado por representantes dos eidos institucional e cultural tanto galego como catalán.

Artigos relacionados

Back to top button