DeportesGalerías de fotosÚltima hora

II Aberto de Billarda en Manzaneda

O primeiro clasificado era Roi Castro de San Xurxo (San Xoán de Río)

A partires das cinco da tarde deste xoves 22 de agosto comezaba o II Aberto de Billarda de Manzaneda, que tiña como escenario o campo de fútbol do poboado. Nesta proba deportiva o mellor resultado lográbao Roi Castro Dacosta (San Xurxo – San Xoán de Río), o segundo clasificado era Pablo De Alonso Mouriz (Poboado – Manzaneda) e o terceiro, Xan Rodiño (Sanxenxo).

Na organización deste aberto colabaron a Liga Nacional de Billarda; o Concello de Manzaneda; o supermercado Spar Express; o supermercado Cada Día; a cafetería Nevada; e o restaurante-hostal O Pendón.

Fotos: María Luisa Domecelle.

 

Os primeiros clasificados na proba.

Artigos relacionados

Back to top button