DeportesÚltima hora

II campionato de petanca Festas do Cristo, o 13 de setembro no Chao

Terá lugar ás 16:00 horas e a inscrición terá un prezo de 5 euros

O campo do Chao acollerá o vindeiro venres 13 de setembro o II campionato de Petanca Festas do Cristo. Os participantes terán ata as 15:30 horas para inscribirse, xa que comezará as 16:00 horas. Así, o prezo da inscrición será de 5 euros.

 

Durante a pasada edición deste campionato. Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta celebración haberá premios para os primeiros clasificados e rematará cunha pinchada para todos os participantes. Así, a esta cita acudirán asistentes de distintas partes, como Fabero ou Villafranca, entre outros. Dende a organización prevén unha asistencia maior á da pasada edición, que contou cunha trintena de participantes.

Artigos relacionados

Back to top button