Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O II Canicross de Ourense recada case 350 quilos de penso para O Barco

A Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensás (APMOU) realizou hoxe, 14 de xaneiro, o seu II Canicross, unha proba deportiva na que os cans e os seus donos son os competidores e percorreron unha distancia de 2,8 quilómetros entre Oira e A Lonia.

O obxectivo desta proba foi facer unha recadación de penso para doalo ao Barco de Valdeorras. Por este motivo, para poder participar, os donos dos participantes deberían doar un quilogramo de penso. En total, din dende a Asociación, conseguiron recadar unha cantidade de 350 quilos, aproximadamente.

Ao acto tamén acudiron os concelleiros do Concello de Ourense, Sofía Godoy e José Araújo, que dirixen as carteiras de Servizos Sociais e Voluntariado e Medio Ambiente, respectivamente.

Fotos: Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button