OurenseÚltima hora

O II Canicross de Ourense recollerá doazóns de penso para O Barco

O penso recollerase a través da inscripción a esta competición deportiva de 2,8 quilómetros entre Oira e A Lonia

Con motivo da celebración do día dos animais e o seu patrón, Santo Antonio Abad, o 14 de xaneiro, a Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensanas (AMPMOU) propón unha proba deportiva “e moi divertida”, din, na que pasarán a mañá facendo deporte coas mascotas. Esta proba é o II Canicross “AMPMOU”, cunha ruta de 2,8 quilómetros entre Oira e A Lonia (Ourense). A saída será ás 11:00 horas.

Para facer a inscrición, os participantes terán que achegar un saco de penso que será entregado, desta volta, para o Barco de Valdeorras. Neste evento tamén farán unha recollida de sinaturas para unha pirotecnia sen ruídos, solicitando ao Concello a que se sume ao iniciado en varias cidades que, “sensibilizadas co dano ocasiona a persoas, especialmente a nenos de corta idade, autistas, xente con problemas cardíacos e auditivos, así como animais”.

Dende a asociación aseguran que estas cidades optan por alternativas menos agresivas que protexen aos máis sensibles.

Cartel da competición.

Artigos relacionados

Back to top button