ConcellosÚltima hora

II Cantos de Cantina polo Saviñao, o 22 de outubro

A iniciativa, promovida polo colectivo As Lucecús, concluirá cunha alborada nocturna e cunha foliada aberta nas prazas de Escairón
Cartaz dos cantos de cantina.
Cartaz dos cantos de cantina.

Cunha xuntanza dos grupos participantes ás 16:30h. comezará a segunda edición dos Cantos de Cantina polo Saviñao o vindeiro 22 de outubro. De seguido distribuíranse para interpretar pezas tradicionais pola media ducia de cantinas participantes nesta edición do certame: O Ferreiro (Aira da Vila-Fión), Marisol (Piñeiró), A Taberneira (Segán), Joni-Mendreira (Marrube), Salgueiros (Vilelos) e Vilaesteva. E ás 22:30h. está prevista unha alborada nocturna por Escairón na que os participantes tocarán a “Muiñeira do Saviñao”. Despois, ás 23:00h. haberá unha foliada aberta nas prazas desta mesma localidade.

As persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa promovida polo colectivo de moz@s Lucecús poderán inscribirse antes do 17 de outubro no enderezo electrónico aslucecusribeiras@gmail.com.

Nas bases do certame indícase que os grupos participantes “non deberán estar formados por máis dunha decena de persoas e o repertorio será preferentemente tradicional”. Tamén se establece que “cada grupo cantará e tocará entre 30 e 40 minutos en cada unha das seis cantinas”. Asemade a organización porá a disposición dos grupos e do público en xeral dous autobuses que “farán percorridos circulares con paradas nas prazas principais de Escairón e Currelos, ademais de nas cantinas”.

Artigos relacionados

Back to top button