ConcellosÚltima hora

II Cantos de Taberna de Quiroga, o 7 de xaneiro

Esta iniciativa, que promove o Concello, busca dinamizar a vila e recuperar a súa tradición musical

taber1

Tras a boa acollida do pasado Nadal, o Concello de Quiroga organiza unha nova edición dos seus Cantos de Taberna, a traves da área de Xuventude. Será o vindeiro 7 de xaneiro e nela contará coa participación de quince establecementos de restauración da vila (cafeterías, bares e pubs), onde de se van realizar as actuacións a partires das 17:00h.

“Os obxectivos desta actividade son a dinamización social e a recuperación das nosas tradicións musicais. Os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de ocio e un xeito de producir e manter a importante tradición musical da comarca”, aseguran dende o Concello de Quiroga.

Cada agrupación musical participante realizará unha actuación de media hora en cada establecemento, para rematar a ronda na zona dos Pubs cunha foliada conxunta. “Poden participar todas as agrupacións interesadas ata un máximo de 15 e o número de integrantes de cada agrupación non ha de superar os 10 membros”, segundo se explica dende a organización que tamén contará coa colaboración da empresa Tourgalia.

Cartaz dos Cantos de Taberna de Quiroga.
Cartaz dos Cantos de Taberna de Quiroga.

Os grupos interesados poden inscribirse chamando á Casa da Cultura de Quiroga co número de telf: 982435125.

Artigos relacionados

Back to top button